martes, 22 de mayo de 2018

Son experto en...

Estas semanas convertíronse en expertos Noa e Alberto. Noa pola súa banda fixo oseu traballo sobre Kango Power, unhas botas moi especiais coas que se baila e fas exercicio. Moi interesante Noa!




Naira tamén se fixo experta unha destas semanas e falonos do patinaxe. das partes dos patíns, de cando empezou a patinar e por qué lle gusta tanto esta actividade. Ben Naira!!






viernes, 27 de abril de 2018

Visita ao museo


Este mércores 25 de abril( o dia da revolución dos craveis) fixemos unha visita ao museo de Pontevedra. En especial fomos o edificio sexto a ver pintura e escultura galega, e nos que estamos facendo en plástica un proxecto de de pintoras galegas, vimos cadros de Mª Antonia Dans ou de Maruxa Mallo que estudamos este curso. Fixemos dedetectives seguindo unhas pistas que aparecian nos cadros. Moi interesante!

martes, 24 de abril de 2018

Visita de María Canosa

                                                                                 
O pasado venres 20 de abril visitounos a escritora María Canosa. Nesta clase limos un libro de ela titulado "Rubicundo".




Explicounos como é o seu traballo e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos sobre o libro e sobre o oficio de escribir.
Despois firmounos os libros que mercáramos e adicounolos. Na clase fixemos un mural conhistorias inventadas por nos sobre como sería un día na vida de Rubicundo, o noso cosedor de ventos. E quedounos ben chulo!

lunes, 23 de abril de 2018

Son experto en

Estas últimas semanas os nosos expertos foron Yassim e Janet. O primeiro fixo unha fermosa e moi traballada exposión sobre Van Gogh. Falou sobre a súa vida, elexiu unhas obras para explicarnolas. Vimos parte dos seus cadros, etc...Noraboa polo traballo!











Logo tocoulle o turno a Janet que falounos da Gimnasia rítmica , actividade que levaba practicando dende os 3 anos.
 Fixo un mural con fotos dela practicando o deporte , e información sobre o orixe deste, etc... Moi ben Janet! 



martes, 10 de abril de 2018

Son experto en...



Esta semana pasada tocoulle o turno a Martín, 
que falou da guitarra clásica. Explicounos  as partes da guitarra os distintos tipos  de guitarra que hai.
  
Tamén  tocounos algunha peza e ensinou puas.
Moi ben Martín, noraboa!

martes, 13 de marzo de 2018

Escolas Unesco

A semana pasada tivemos unha saída didáctica a Pontevedra. Era unha xuntanza das escolas Unesco. Participamos nun concerto, expúxose os traballos realizados polos distintos coles e participamos en distintos obradoiros. Algúns nos gustaron mais e outros menos. Ao final nos deron un diploma por participar e fixemos foto de grupo.


Son experto en...

                                               
Estas semanas tivemos dúas exposicións. 
A primeira foi de Sara que nos falou da 
ximnasia acrobática. Falounos das competicións, do nome das acrobacias, ensinounos medallas e premios, vimos algún vidio de campeonatos e ata nos fixo unha exhibición.

               Impresionante Sara!











Tamén tocoulle o turno a Ainhoa que nos falou de Zumba. Leva catro anos indo a clases de zumba e falounos de como quentan ao principio, como fan as coreografías e trouxo un mural con fotos de cando empezou ou de exhibicións e con información sobre este baile.
 Ao final nos bailaron ela e Noa un pouquiño dunha canción. Moi ben!

                



martes, 27 de febrero de 2018

SON EXPERTO EN...

Esta semana pasada tocoulle a Eloi exponer o seu traballo, e a verdade é que quedamos abraiados  co tema e a exposición que fixo. Falounos sobre as distintas artes de pesca, sobre todo as utilizadas aquí. Fixo un power point con fotos e información sobre artes coma o xeito, o arrastre, a fisga e as nasas...Tamén trouxo unha fisga, unha rede e unha nasa para coller polvo. Foi moi interesante e recibiu un gran aplauso por unha investigación estupenda. Noraboa Eloi!





Día de Rosalia de Catro


Esta semana co gallo do día de Rosalia de Castro, estivemos traballando sobre ela. En informática fixemos un Lim sobre a súa vida e obra e logo fixemos un caligrama onde todo infantil e primaria escribimos versos do poema "Campanas de Bastabales". Quedou así de curioso!


No "Exprésome os xoves" escoitamos unha canción do cantautor cubano Silvio Rodríguez, cunha canción titulada "Vamos a andar"

miércoles, 21 de febrero de 2018

Entroido 2018

           O 30 de xaneiro celebrámos o día da Paz facendo un mural coas nosas mans e cantando xuntos unha canción. Ollade que chulo!



Tamén  celebramos o entroido disfrazados de superheroinas e superheroes. O cole, tendo en conta o tema do salón do libro, "mulleres de conto", montamos un ha superheroina defensora da natureza. Por eso uns foron de animais, outros de nubes, soles e raios e outros de villanos que emporcan o planeta. Fixemos un pasarrúa ata o concello

Por outra banda oa semana pasada en "exprésome os xoves", escoitamos unha canción francesa de Edith Piaf

martes, 20 de febrero de 2018

SON EXPERTO EN...

Estas últimas semanas tivemos dúas compañeiras expoñendo: Susi e Salma. A primeira fixo o seu traballo sobre o Rap, falounos dos seus músicos favoritos, escoitamos a Beret e ata nos fixo un pouco beatbox.





Salma contou que era expera no Coram. Explicounos que é o libro sagrado dos musulmáns, falounos dos ritos da súa relixión, recitou unha parte dunha oración e aprendemos moito sobre  a súa cultura. Foi moi interesante e houbo moitas preguntas.



 
  
 
     Noraboa ás dúas!

viernes, 2 de febrero de 2018

Son experto en...

Esta semana tocoulle a Lucía expoñer o seu tema.  Escolleu falarnos sobre figuras de plastilina. Para a exposición trouxo unha boneca a que lle fixera toda roupiña con plastilina(incluso un bolso!). Tamén fixo unha boneca vestida de galega a que non lle faltaba detalle.
   E despoís ensinounos  unha placiña, coa xente , a comida e a árbore!. Unha chulada! Menuda man ten Lucía!
        

Explicou o material que precisou para elaboralo todo, coa axuda da súa nai, o tempo que lle levou e como fixo certos detalliños minúsculos deste traballo. Gustounos moito, noraboa Lucía!



Son experto en...

A semana pasada tocóulle a Aaron expoñer o seu traballo , e decidiu facelo sobre piraqüismo: actividade que lle encanta e da que sabe moito. Falounos do clube de Vilaboa ao que él pertence, como é un día de entrenamento, como se coida a piragüa e trouxo feita por él unha piragüa de madeira impresionante! Estivo moi interesante e os compañeiros preguntaron unha chea de cousas.


Por outra banda, no "Exprésome o xoves! , tocou escoitar unha banda sonora da película "Memorias de Africa". Houbo opinións para todos os gustos, pero en xeral relaxounos bastante. O compositor e John Barry e a podedes escoitar pinchando AQUÍ

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...