jueves, 2 de diciembre de 2010

XA CHEGA O NADAL!

Moito antes de que a sociedade de consumo importase dos países nórdicos a Papá Noel, en Galiza xa habitaba a figura mítica do Apalpador.
O Apalpador é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno.
Na noite do 24 de decembro baixa ata as aldeas, métese polas chemineas nas casas e achégase aos nenos e ás nenas que dormen ao remol das mantas e apálpalles as barrigas para ver se os cativos están ben alimentados. Dálles un bico na meixela e déixalles unha presa de castañas para que non pasen fame. Tamén deixa agasallos agachados pola casa para que os nenos e as nenas os busquen o se ergueren. Se queres saber mais sobre o apalpador, lee o conto pinchando no libro...



Aquí tamén podedes atopar moitas obras de teatro para traballar no Nadal e noutras festas do cole.

sábado, 23 de octubre de 2010

SAMAIN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no día de Todos os Santos. Esta festa levaba moitas décadas esquecida, pero que nos últimos anos se está volvendo a recuperar grazas o traballo das escolas e algúns concellos galegos.A noite do 31 de outubro comenza o aninovo celta, remata o verán e comenza o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Para saber mais

Aquí tes unha morea de debuxos terroríficos para pintar e decorar. So tes que pinchar aquí

Veña unhas poucas cancións de Samain!
Recopilación de recursos para o Samaín, do Ceip Victor Sáenz. Moi interesante!
Ahí vai un xogo sobre o SAMAIN. Divírtete!



viernes, 11 de junio de 2010

PÁXINAS INTERESANTES



Se queres escoitar as badaladas das igrexias de galicia ou o son en extinción dun muíño de auga vísita esta páxina.


Para descubrir cancións, ditos, recitados, adiviñas de Galicia pincha aquí


Unha páxina para entreterte con cancións, xogos, debuxos, esta é o teu recuncho

martes, 16 de marzo de 2010

Aquí tendes as partituras que van necesitar para traballar o día das letras galegas os de 5º, para que lle votedes unha ollada e os fagades con elas se queredes




















XOGOS MUSICAIS










Se pinchas en calquera destes debuxos poderás acceder directamente a calquera destes xogos e facer distintas actividades relaccionadas coa música. Divírtete!



INSTRUMENTOS GALEGOS

Aquí tedes unha presentación cos instumentos do folclore galego e a súa clasificción por familias. A ver si os coñeces todos?

miércoles, 3 de marzo de 2010

BAILADORES POLA PAZ


O 30 de xaneiro, celebramos o día da paz e a convivencia coa lectura de

poemas, cancións e danzas como estas :


"O REGADINHO"(Danza Portuguesa) ---- "SETE PASOS"( Danza Noruega)



Mira neste enlace a canción feita por "Fuxan os ventos" dun poema de Celso E. Ferreiro


martes, 2 de marzo de 2010

OS INSTRUMENTOS QUE FIXEMOS













Aquí están os instrumentos que fixeron os nenos
de 5º. Unha pasada, verdade?

Se queredes aprender a facelos podedes visitar a
seguinte páxina. Axudaravos moito


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...