miércoles, 18 de diciembre de 2013

EDUCACIÓN PARA UN FUTURO SOSTIBLE

Unha Eco-carta para os reis magos! Isto é o que no envia SOGAMA( sociedade galega do medio ambiente) un conto no que nos conta o que fai a familia Trebón nestas datas...Chega o Nadal no planeta verde!

lunes, 2 de diciembre de 2013

COUSAS DO APALPADOR

   Como vimos falando estes anos, estase a recuperar a figura do Apalpador, ese home das montañas que baixa o 31 de decembro a apalparlle as barrigas os nenos e nenas e agasalla castañas e xogueites feitos por él , de madeira. Ahí tedes un vidio cunha entrevista a Xoan G. autor de dous dos contos feitos sobre o apalpador, onde nos conta moitas curiosidades.
                                   

A Fundación Artábria elaborou unhas unidades didácticas para infantil e primaria, son moi aproveitables...pincha no debuxo do apalpador! Tamén o tes en formato dixital en  http://issuu.com/fartabria/docs/udapalpador


 
  Tamén podedes entrar na páxina do apalpador e atopar os contos en formato dixital, láminas para colorear, cartas ó apalpador e moitas mais cousiñas...Pincha AQUÍ
   Existen tamén cantigas sobre esta personaxe mítica, moitas copliñas distintas, e como exemplo esta que canta Xavier Díaz co pandeiro.

E outra feita polo grupo Malvela. Mira mira...


Tamén hai moitas actividades Lim sobre este tema, esta é unha feita na Barbanza, a ver que vos parece?

 Lim

No recanto de mik, fixeron unha investigación concienzuda sobre o apalpador, se queres seguir a súa pista dalle  a  SIII. E aquí vai outra  pesquisa. Se o consegues poderemos darche o carne de investigador total. Ánimo!

No CEIP de Xuvencos contaron a historia do apalpador de este xeito tan chulo!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...