viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano nas letras galegas homenaxéase a Manuel María e no noso cole adicamos o poeta do mes, obviamente a este autor.Pincha na foto eatoparás unha chea de recursos.

Ademais, dende o equipo de normalización lingüística do cole se fixo, coa  colaboración de todo o alumnado do centro,profesorado e persoal que traballa no cole, un vidio musical coa canción do Brinca Vai de Paco Nogueira "Meu o mundo é". Cada grupo gravou un anaco da canción e xuntándoos  o resultado foi este. Feliz día das letras galegas!

CORRELINGUA 2016

Cantas cousas temos  atrasadas!! O 2 de maio fomos o correlingua Pontevedra. Case 2000 alumnos dos centros dePontevedra e concellos cercanos como Vilaboa e Marín fomos a camiñar en prol da nosa lingua. Ali ademais de facer o recorrido polo casco vello, estivemos no concerto do grupo de rock "Livia de Marrao", leuse o manifesto,  uns libros para o cole e soltamos globos.  Unha mañá na que defendemos a importancia de falar e coidar o noso idioma.

  
Pincha no enlace o vidio que fixo o Faro de Vigo sobre o correlingua

http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/galicia/2016-05-02-101200-correlingua-2016-pontevedra.html


lunes, 25 de abril de 2016

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO 2016

Outro ano máis chegou o 23 de abril e con el a celebración do día do libro. Este ano atopounos traballando a Federico García Lorca como poeta do mes, así que apreveitamos e celebrámolo recitando os poemas que aprendemos na clase. Esta vez fixémolo por equipos. Ahí están, gustache?




Ademais disto, como o ano pasado, unimos as nosas cadeas lectoras...Que é iso? Contovos...Durante o curso fomos a biblioteca semanalmente e levamos un libro a casa. Unha vez lido cubríamos a nosa cadeneta co título do libro, autor e un resumo do mesmo. Cada dez libros lidos convertíamonos en reis e raiñas lectores. Hoxe contamos cantos libros limos cada un, xuntamolos todos e en total na clase limos 158 libros ata o de agora! Non está mal!. Ainda que que algún, ler , ler...as veces un pouco por riba...















Ao  final colgamos a cadena lectora no corredor, para ver ata onde chegaba...Case chegamos ao fondo!

sábado, 5 de marzo de 2016

ESPAZOS LIBRES DE MACHISMO


Outro ano máis co gallo do día internaciónal das mulleres, 8 de marzo, imos aproveitar para seguir traballando pola igualdade. Fixemos este mural o grupo de 4º.
Para ir abrindo boca imos coñecer a historia de Malala Yousafzai, unha das luitadoras mais novas e defensora dos dereitos das nenas  en Pakistan. Por iso foi galardonada co premio nobel da Paz.


Que queres ser de maior? Hai profesións de nenos e de nenas?  Os soños dos nenos e das nenas son distintintos?...Sobre isto imos refexionar despois de ver esta historia de Super Pepo.

Se pinchas na seguinte imaxe ataporás unha chea de recursos para traballar este día. Están recopilados pola mestra Mª Asunción García Alvarez.

lunes, 29 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Coma todos os 24 de febreiro, celebramos o día de Rosalía De Castro. Este ano ademáis de tocarnos como poeta do mes, o equipo de normalización lingüística xunto ao de animación á lectura propuxemos a seguinte actividade:

Imos mandar unha postal en conmemoración deste día, copiando un anaco dun poema de Rosalía, coloreando unha caricatura da autora e escribindo unhas verba para a familia. Logo iremos a correos para enviala.












En colaboración co concello de Vilaboa  fixemos un "fotocol", onde posamos con versos de poemas de Rosalía.

 Por equipos e ó final en grupo...As fotos colgaranse tamen na páxina web do concello, así que podedes ver a todos os nenos e nenas do cole alí.





Tamén elaboramos un comecocos se Rosalía, que o ano pasado nos fixera o profe Iván, no que hai fragmentos de poemas de Rosalia de castro.





viernes, 12 de febrero de 2016

ENTROIDO EN VILABOA 2016

Este ano polo entroido e dacordo coa temática do salón do libro de Pontevedra " Canta bichería", disfrazámonos de bichiños, cada clase ou ciclo fixo os seus. Nos éramos bichos especiais, que vos parece?
















Tamén viñeron da asociación de entroido de Cobres a contarnos como é a tradición da zona de santa Cristina e de San Adrián. Como bailan as Madamas e Galáns e como é a súa vestimenta. Acompañáronos tamén compañeiros de 2º da ESO (Joana e Alejandro) vestidos e dispostos a facernos varias danzas. Mirade que guapos!. Grazas rapaces!



Vimos o traballón que da elaborar os sombreiros e facer os traxes...

Que ben lle senta a Gabi eh?



Por último  e non por iso menos apetecibel, o tradicional concurso de doces de entroido do cole do Toural. Aquí unha pequena mostra co alumnado de 4ºde primaria.. Que rico estaba todo! Grazas pola vosa participación.






Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...