viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano nas letras galegas homenaxéase a Manuel María e no noso cole adicamos o poeta do mes, obviamente a este autor.Pincha na foto eatoparás unha chea de recursos.

Ademais, dende o equipo de normalización lingüística do cole se fixo, coa  colaboración de todo o alumnado do centro,profesorado e persoal que traballa no cole, un vidio musical coa canción do Brinca Vai de Paco Nogueira "Meu o mundo é". Cada grupo gravou un anaco da canción e xuntándoos  o resultado foi este. Feliz día das letras galegas!

CORRELINGUA 2016

Cantas cousas temos  atrasadas!! O 2 de maio fomos o correlingua Pontevedra. Case 2000 alumnos dos centros dePontevedra e concellos cercanos como Vilaboa e Marín fomos a camiñar en prol da nosa lingua. Ali ademais de facer o recorrido polo casco vello, estivemos no concerto do grupo de rock "Livia de Marrao", leuse o manifesto,  uns libros para o cole e soltamos globos.  Unha mañá na que defendemos a importancia de falar e coidar o noso idioma.

  
Pincha no enlace o vidio que fixo o Faro de Vigo sobre o correlingua

http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/galicia/2016-05-02-101200-correlingua-2016-pontevedra.html


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...