lunes, 30 de octubre de 2017

QUE TIPO DE MONSTRO SON?

Unha actividade que estamos a facer para o Samaín é Que tipo de monstro son? e consiste en  ver que monstro somos según a nosa data de nacemento e a inicial do noso apelido buscando nesta táboa que saquei do blog de aula tic Ferrol.


Saen cousas moi divertidas como vapiros traga dedos, cíclopes come sesos ou Momias escupe culebras....mirade como quedaron os nosos monstros!




martes, 24 de octubre de 2017

EXPRÉSOME OS XOVES!

Exprésome os xoves é unha actividade que facemos todas as semanas que trata do seguinte: escoitamos unha peza de música escollida pola mestra. Tocaremos todos os estílos, dende rock, pasando por clásica ata blues...etc(excepto reggaeton, que xa se ecoita en todos os  currunchos do mundo e creo que a profe non lle gusta nada ;)). Para iso gardamos silencio e pechamos os ollos. Despois na libreta de galego e como mínimo en catro lineas temos que escribir o que sentimos ao escoitala, ou o que nos evocou, se nos recordou a algo ou a alguén... Trátase de expresar emocións, recordos ou que queiramos pero expresalo. Unha vez escrito quen o desexe o pode compartir e...Caramba!, Cada vez se nos animan mais!
  De momento levamos tres: 
                 2.-Banda sonora da Misión 
                  3.-Queen "Under pressure" 
Podes pinchar nos títulos e escoitalas. De momento a cousa estanos a resultar complicada pero gusta.
 A ver que escoitamos o próximo día...

Curtas animadas

A semana pasada, vimos unha curta que nos gustou moito. Titúlase French Roast e foi nominado os Oscar no ano 2010. A verdade e que deu para pensar.
Aquí o deixamos. Agardo que vos guste.

                                                 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...