martes, 27 de febrero de 2018

SON EXPERTO EN...

Esta semana pasada tocoulle a Eloi exponer o seu traballo, e a verdade é que quedamos abraiados  co tema e a exposición que fixo. Falounos sobre as distintas artes de pesca, sobre todo as utilizadas aquí. Fixo un power point con fotos e información sobre artes coma o xeito, o arrastre, a fisga e as nasas...Tamén trouxo unha fisga, unha rede e unha nasa para coller polvo. Foi moi interesante e recibiu un gran aplauso por unha investigación estupenda. Noraboa Eloi!





Día de Rosalia de Catro


Esta semana co gallo do día de Rosalia de Castro, estivemos traballando sobre ela. En informática fixemos un Lim sobre a súa vida e obra e logo fixemos un caligrama onde todo infantil e primaria escribimos versos do poema "Campanas de Bastabales". Quedou así de curioso!


No "Exprésome os xoves" escoitamos unha canción do cantautor cubano Silvio Rodríguez, cunha canción titulada "Vamos a andar"

miércoles, 21 de febrero de 2018

Entroido 2018

           O 30 de xaneiro celebrámos o día da Paz facendo un mural coas nosas mans e cantando xuntos unha canción. Ollade que chulo!



Tamén  celebramos o entroido disfrazados de superheroinas e superheroes. O cole, tendo en conta o tema do salón do libro, "mulleres de conto", montamos un ha superheroina defensora da natureza. Por eso uns foron de animais, outros de nubes, soles e raios e outros de villanos que emporcan o planeta. Fixemos un pasarrúa ata o concello

Por outra banda oa semana pasada en "exprésome os xoves", escoitamos unha canción francesa de Edith Piaf

martes, 20 de febrero de 2018

SON EXPERTO EN...

Estas últimas semanas tivemos dúas compañeiras expoñendo: Susi e Salma. A primeira fixo o seu traballo sobre o Rap, falounos dos seus músicos favoritos, escoitamos a Beret e ata nos fixo un pouco beatbox.





Salma contou que era expera no Coram. Explicounos que é o libro sagrado dos musulmáns, falounos dos ritos da súa relixión, recitou unha parte dunha oración e aprendemos moito sobre  a súa cultura. Foi moi interesante e houbo moitas preguntas.



 
  
 
     Noraboa ás dúas!

viernes, 2 de febrero de 2018

Son experto en...

Esta semana tocoulle a Lucía expoñer o seu tema.  Escolleu falarnos sobre figuras de plastilina. Para a exposición trouxo unha boneca a que lle fixera toda roupiña con plastilina(incluso un bolso!). Tamén fixo unha boneca vestida de galega a que non lle faltaba detalle.
   E despoís ensinounos  unha placiña, coa xente , a comida e a árbore!. Unha chulada! Menuda man ten Lucía!
        

Explicou o material que precisou para elaboralo todo, coa axuda da súa nai, o tempo que lle levou e como fixo certos detalliños minúsculos deste traballo. Gustounos moito, noraboa Lucía!



Son experto en...

A semana pasada tocóulle a Aaron expoñer o seu traballo , e decidiu facelo sobre piraqüismo: actividade que lle encanta e da que sabe moito. Falounos do clube de Vilaboa ao que él pertence, como é un día de entrenamento, como se coida a piragüa e trouxo feita por él unha piragüa de madeira impresionante! Estivo moi interesante e os compañeiros preguntaron unha chea de cousas.


Por outra banda, no "Exprésome o xoves! , tocou escoitar unha banda sonora da película "Memorias de Africa". Houbo opinións para todos os gustos, pero en xeral relaxounos bastante. O compositor e John Barry e a podedes escoitar pinchando AQUÍ

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...