viernes, 2 de febrero de 2018

Son experto en...

A semana pasada tocóulle a Aaron expoñer o seu traballo , e decidiu facelo sobre piraqüismo: actividade que lle encanta e da que sabe moito. Falounos do clube de Vilaboa ao que él pertence, como é un día de entrenamento, como se coida a piragüa e trouxo feita por él unha piragüa de madeira impresionante! Estivo moi interesante e os compañeiros preguntaron unha chea de cousas.


Por outra banda, no "Exprésome o xoves! , tocou escoitar unha banda sonora da película "Memorias de Africa". Houbo opinións para todos os gustos, pero en xeral relaxounos bastante. O compositor e John Barry e a podedes escoitar pinchando AQUÍ

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...