viernes, 27 de abril de 2018

Visita ao museo


Este mércores 25 de abril( o dia da revolución dos craveis) fixemos unha visita ao museo de Pontevedra. En especial fomos o edificio sexto a ver pintura e escultura galega, e nos que estamos facendo en plástica un proxecto de de pintoras galegas, vimos cadros de Mª Antonia Dans ou de Maruxa Mallo que estudamos este curso. Fixemos dedetectives seguindo unhas pistas que aparecian nos cadros. Moi interesante!

martes, 24 de abril de 2018

Visita de María Canosa

                                                                                 
O pasado venres 20 de abril visitounos a escritora María Canosa. Nesta clase limos un libro de ela titulado "Rubicundo".




Explicounos como é o seu traballo e respondeu a unha chea de preguntas que tiñamos sobre o libro e sobre o oficio de escribir.
Despois firmounos os libros que mercáramos e adicounolos. Na clase fixemos un mural conhistorias inventadas por nos sobre como sería un día na vida de Rubicundo, o noso cosedor de ventos. E quedounos ben chulo!

lunes, 23 de abril de 2018

Son experto en

Estas últimas semanas os nosos expertos foron Yassim e Janet. O primeiro fixo unha fermosa e moi traballada exposión sobre Van Gogh. Falou sobre a súa vida, elexiu unhas obras para explicarnolas. Vimos parte dos seus cadros, etc...Noraboa polo traballo!











Logo tocoulle o turno a Janet que falounos da Gimnasia rítmica , actividade que levaba practicando dende os 3 anos.
 Fixo un mural con fotos dela practicando o deporte , e información sobre o orixe deste, etc... Moi ben Janet! 



martes, 10 de abril de 2018

Son experto en...



Esta semana pasada tocoulle o turno a Martín, 
que falou da guitarra clásica. Explicounos  as partes da guitarra os distintos tipos  de guitarra que hai.
  
Tamén  tocounos algunha peza e ensinou puas.
Moi ben Martín, noraboa!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...